![]()
BOIRO> A CIG denuncia que os once traballadores actuais son insuficientes para garantir un reparto axeitado.
{flowplayer}barbanza/mobilizacioncorreosboiro.flv{/flowplayer}
As deficiencias no servizo de Correos da comarca do Barbanza non supoñen ningunha novidade. A CIG leva meses reclamando que se incremente a dotación do persoal para poder ofrecer un servizo de calidade ó mesmo tempo que se garanten as condicións dos traballadores. Esta mañá protagonizaron unha concentración ás portas da oficina de Boiro, na que traballan un total de once profesionais, que consideran insufciente para o volume de traballo que existe na actualidade.
Do mesmo xeito que fixeran en Rianxo e en Ribeira esixen que se faga un estudo de necesidades e que se incremente o número de traballadores.
Novas accións
Se estas medidas de presión, que xe se repetían hai algúns meses, non teñen un resultado satisfactorio, non descartan emprender outro tipo de accións.
Redacción Barbanza








