Zona Centro de Cambados recolleu preto de un millón de pesetas

    billetes_copia100.jpgCAMBADOS> A moi bo ritmo avanza a campaña de recollida de pesetas posta en marcha polo comercio de Cambados. A iniciativa prolongouse ata o 11 de decembro.

    {flowplayer}images/salnes/EN_PESETAS.flv{/flowplayer}

    A asociación Zona Centro de Cambados xa cambiou e entregou, en euros, preto de un millón de pesetas ós comerciantes que se sumaron á campaña En Pesetas. Todavía están pendentes de cambio outras 150.000 recollidas polos socios que admitiron ós seus clientes o pago dos artigos comprados en moeda antiga.

    O presidente da asociación de comerciantes, Amancio Gondar, afirma que o pequeno comercio está a pasar malos momentos e esta iniciativa axuda a que os clientes volvan mercar no comercio.

    Os comerciantes están encantados con este proxecto porque ven como as súas tendas están repletas de clientes. Algúns chegaron a facer ventas de ata 85.000 pesetas. Todos esperan que este tipo de iniciativas se repitan para reactivar as ventas do pequenos comercios.

     A campaña En Pesetas ten tanta acollida, que se decidiu ampliala ata o 11 de decembro. Incluso outros concellos, están a observalo desenvolvemento do proxecto para levalo a cabo nas súas localidades. Unha forma de activalo consumo en época de crise.

    Redacción Salnés