En Marea presentará emendas para a rehabilitación de Goiáns e a mellora do Esteiro

BOIRO> O paquete de emendas que presentará En Marea ós orzamentos xerais do estado inclúe dúas históricas reclamacións para Boiro. Por unha banda, a rehabilitación do Pazo de Goiáns para os que xa había consignada unha partida de medio millón de euros que non se chegou a executar. Outra das alegacións refírese á recuperación integral da zona de Esteiro, entre o porto e a praia do Careixo. Estas dúas propostas enmárcanse no paquete de 350 emendas relativas a Galicia que presentará En Marea no Congreso.