Os populares aproban, en solitario, os orzamentos de Sanxenxo

    sanxenxo_copia100.jpgSANXENXO> Nun acalorado debate, a alcaldesa defendeu a continuidade das inversións en servizos sociais en época de crise. A oposición, pola súa parte, afirmou que os orzamentos non son cribles.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_PRESUPOSTOS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Sanxenxo disporá duns orzamentos de máis de 48 millóns para o ano que ven. Así o aprobou en solitario o grupo de goberno. A alcaldesa Catalina González, afirmou que estes presupostos acomódanse á situación económica actual. Engadiu que, pese á baixada de ingresos no Concello, estase a manter o nivel de gasto social.

    Pola súa banda, a oposición criticou duramente a baixada dos orzamentos en comparación co ano pasado.

    Dende o BNG, criticouse o mantemento dos gastos que, afirman, acentuarán a crise no concello.

    O Partido Socialista afirmou que son orzamentos inflados, que tratan de enganar ós cidadáns. Ademais, recriminou ó goberno local, que o 2010, será o ano dos párkins.

    José Luis Rodríguez, de VIPS, recalcou que os orzamentos son cribles pero só no papel.

    Pese a tódalas críticas, o grupo de Goberno mantén que non se incrementará a carga fiscal, mantendo os impostos nun nivel dos máis baixos de Galicia e España.

    Redacción Salnés