![]()
CAMBADOS> A actividade estivo organizada pola Fundación Amigos de Galicia e formou a trece mulleres e dous homes.
{flowplayer}images/salnes/DiplomasAmigosGalicia_101212.flv{/flowplayer}
O acto de entrega de diplomas tivo lugar no centro cultural A Merced, en Cambados. As actividades levadas a cabo pola Fundación Amigos de Galicia permitiron formar a 15 persoas, a maioría mulleres, en materia de teleasistencia de atención domiciliaria.
Durante as 80 horas teórico prácticas das que constou o curso, tratáronse os elementos de funcionamento xeral da teleasistencia, aspectos psicolóxicos da dependencia ou atención sanitaria básica, entre outros aspectos.
A delegada Ana Ortiz e mailo alcalde Luis Aragunde, agradeceron á fundación o traballo realizado, a través desta e doutras actividades con fins sociais.
Ademais deste curso, Amigos de Galicia tamén desenvolveu outro taller de busca de emprego no que participaron 11 persoas. Asi mesmo, durante este Nadal repartirán alimentos e xoguetes entre os máis necesitados.
Redacción Salnés








