Dez anos despois Nunca máis denuncia a falta de seguridade

    fotoprestigecopia.jpgPONTEVEDRA> A plataforma sae á luz o mesmo día que se retoma o xuízo contra os responsables do desastre.

    {flowplayer}images/salnes/NuncaMaisAniversarioPrestige.flv{/flowplayer}

    A posibilidade de que se repita a catástrofe do Prestige continúa presente, e os erros que se cometeron na súa xestión probablemente se repetirían. Así de contundente se amosou esta mañá a Plataforma Nunca Máis, que asegura que dez anos despois do afundimento do petroleiro apenas se deron pasos cara a seguridade marítima. As críticas saen á luz o día no que se retoma o xuízo contra os responsables da traxedia.

    A Plataforma Nunca Máis quixo recordar que dez anos despois do afundimento do petroleiro poucos foron os pasos que se deron cara a seguridade marítima. A día de hoxe, segundo os datos desta plataforma, continúan empregando as costas de Fisterra una catorce mil buques que non cumpren coa normativa europea.

    Ante esta situación a preocupación é evidente, cun plan aprobado ademais que para a plataforma incorre en numeroso erros. Nunca Máis tamén puxo de manifesto o seu desacordo con respecto ó desenvolvemento do xuízo. Un proceso no que botan en falta a moitos dos que para eles son os verdadeiros responsables da catástrofe.

    Piden responsabilidades políticas e esixen que se fagan públicas tódalas probas, pois segundo din, hai gravacións do gabinete de crise que non están no sumario e que serían peza clave para esclarecer como se xestionou a crise.

    Unha realidade que é a que queren que non se repita. E que se atenda as verdadeiras necesidades. Portos de refuxio cara os que derivar os barcos nestas situacións, ou expertos independentes tomando as decisións, á marxe das institucións políticas. Estas e outras moitas reclamacións que consideran imprescindibles e que continúan sen levarse a cabo. Polo de agora, para que non caia no esquecemento Nunca Máis continuará coa súa labor.

    Con este fin, o sábado celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra un concerto no que se pretende reunir, dez anos despois, a tódolos voluntarios que participaron na limpeza das nosas costas. Mentres, o recurso interposto pola plataforma contra o Plan de Continxencias aprobado pola Xunta continúa o seu curso.

    Redacción Salnés