Fole suspende o pleno ante o boicot dos colectivos culturais

     VILAGARCÍA> Os colectivos culturais acudiron a Ravella para protestar polo reglamento de uso das instalacions municipais. Gaitas, pandeiretas e berros de “dimisión” que foron apoiados pola oposición

    {flowplayer}images/salnes/PlenoVilla_280513.flv{/flowplayer} 

    Tomás Fole suspendía a sesión e marchaba do salón escoltado polos edís Elena Suárez e José Manuel Pardal entre os berros dos colectivos sociais e culturais do municipio. O resto de concelleiros populares fixérono por unha porta lateral. Isto foi sobre as 19:30, pero a polémica comezou antes.

    O representante das asociacións culturais Xurxo Abuín criticou con dureza tanto ó alcalde como ó concelleiro de cutura Francisco González por non ter consensuado o regulamento que rexerá o uso das instalacións muncipais. Argumentos compartidos pola oposición.

    O detonante foron as alegacións aceptadas polo grupo de goberno ó regulamento e que foron lidas polo concelleiro Francisco González. Todos entenderon que se trataba dunha burla por so tratar aspectos insustanciais da mesma. O que provocou as iras da oposición.

    Foi entón cando Xurxo Abuín tomou a palabra sen dispoñer de turno e amosou a súa indignación. TPosteriormente oposición e veciños abandonaban o salón entre berros de dimisión. No exterior de Ravella sonaron gaitas e pandeiretas mentres dentro o goberno aprobaba o novo regulamento en solitario. Tras un intento de volver a remotar a sesión con normalidade os veciños impedírono.

    Redacción Salnés