Os socios da ABE disporán do seguro médico de ASISA cun desconto do 43 por cento

    convenioabeasisa_100_011209.jpgBOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios asinou un convenio de colaboración coa compañía de seguros médicos ASISA.

    {flowplayer}barbanza/convenioabeasisa.flv{/flowplayer}

    Mediante o convenio asinado este martes os asociados da patronal boiresa poderán acceder a este servizo de asistencia médica cun desconto superior ó corenta por cento.

    Total cobertura

    Segundo explicaron os responsables de ASISA trátase dunha cobertura case integral, dende atención primaria ata alta ciruxía, con posibilidade de elixir os centros e os médicos.

    O seguro inclue ademais unha póliza dental con cobertura para tódolos membros da familia.

    Os preto de catro mil socios da ABE e os seus familiares poderán beneficiarse deste convenio cunha empresa líder en seguros sanitarios, que ofrece un amplo catálogo de medios técnicos e humanos e mantén concertos cos principais hospitais, clínicas e centros médicos de Galicia.

    Redacción Barbanza