Ribeira traballa na busca dos terreos máis axeitados para o futuro centro de saúde

RIBEIRA> O concello de Ribeira traballa na busca dos terreos máis axeitados para a construción do futuro centro de saúde. A proposta inicial céntrase nun solar céntrico que permitirá edificar 4000 metros cadrados en dúas plantas.

Entre as distintas alternativas que baralla o concello de Ribeira para o emprazamento do centro de saúde, hai unha que semella a máis axeitada pola súa ubicación, en pleno centro, e edificabilidade con 4000 metros cadrados repartidos entre o primeiro andar e planta baixa.

Unha vez aprobada a viabilidade do emprazamento, o concello iniciará os trámites para   a compra da parcela e a súa posta a disposición da Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí