Boiro será sede de ‘Os 100 do Barbanza’, un trail de fondo que percorre toda a comarca

BOIRO> Todo listo para unha nova edición de ‘Os 100 do Barbanza’ que este ano terá como anfitrión ó concello de Boiro. A proba, cun percorrido de 100 quilómetros, discorre por un total de 7 concellos. O tempo máximo para completala é de 24 horas.

Os días 24 e 25 de xuño terá lugar a oitava edición da proba deportiva’ Os 100 do Barbanza’. Recibe o seu nome da súa duración posto que se trata dun trail de cen quilómetros que discorre por 7 concellos do Barbanza, cun desnivel positivo de 2600 metros.

A proba nacía en 2014 da man de International Trekkers de Barbanza e Sar.co obxectivo de converterse nun desafío a nivel deportivo e dar a coñecer a paisaxe e a riqueza cultural do territorio.

Dende aquela, tan só deixou de celebrarse por mor da pandemia e seguiu a medrar ano tras ano, consguindo este ano formar parte da Liga de Sendeirismo de Galicia e da Liga Ibérica.

O número máximo de participantes é de 300. Os interesados poden inscribirse na web itrekkers.org a partir do venres día 3.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí