Dúas derrotas colocan ó Est. Otero moi lonxe dos mellores

tenisdemesa250_021209.jpgSALNÉS> Non foi esta unha boa xornada para o Establecimientos Otero na División de Honra Nacional. Os cambadeses caeron nos seus dous partidos que disputou en Cataluña polo que se meten en problemas na xeral.

Non foi unha boa xornada para o Establecimientos Otero. No seu dobre desprazamento a Barcelona caeu derrotado nos dous partidos e se sitúa no vagón de cola da clasificación.

No primeiro encontro caeron por 4-3 ante o Falcons de Sabadell, un partido moi igualado o no que decidíu o dobres. Xa no segundo ante o Calella a diferencia foi moito maior como reflicte o 5-1 final.

O equipo está a acusar a falta de adaptación de Adrián Vidal á División de Honra pero sobre todo o gran número de partidos que está a afrontar como visitante. Tras sete encontros encontros, só venceu dous pero seis deles xogounos fóra da casa, polo que agardan mellorar a súa clasificación cando actúen como locais. Farano na vindeira xornada, dentro de dez días ante o penúltimo, o Santa Eularia.

Na Primeira Nacional, preocupante derrota do Caixanova Cambados, que son penúltimos tras caer co Vincios por 4-2, partido no que o único que estivo ó nivel agardado foi Alexis Tovar. Mellor vanlle as cousas ó Liceo Casino de Vilagarcía que sigue colider tras superar 4-2 ó Enmacosa Monteporreiro.

En Primeira Femenina o Caixa Galicia nada puido facer ante o o líder Casa Asturias León co que caeu por 0-6.

Ademais, nas ligas rexionais déronse estes resultados; en Primeira Galega: Grupo Barros 4- 3 Ferretería Vincios; Lalín 3-4 Joyería Enrique; Galmedica 5- 2 Charol. Mentres que na Terceira o Chinelas venceu por 5-2 ó Arteal.

Redacción Salnés