Telmo Martín demanda a Rosa Casal por inxurias e calumnias

    telmo_martin_copia100.jpgPONTEVEDRA> A querela, presentada no xulgado de primeira instancia de Pontevedra, recolle que Casal ofendeu a Martín González transgredindo a súa faceta política.

    {flowplayer}images/salnes/TELMO_DENUNCIA_CASAL.flv{/flowplayer}

    Na querela criminal recóllense varias declaracións realizadas por Teresa Casal, nas que acusa a Telmo Martín de estar relacionado con varios escándalos urbanísticos na provincia de Pontevedra. Entre os recortes de prensa presentados coa demanda, Casal, culpa a Martín de cobrar, presuntamente, comisións ilegais en diñeiro negro a través da empresa Construcuatro, da que o portavoz do pp no concello, posee o 33%.

    A concelleira de urbanismo, declarou que cree na presunción de inocencia, pero que se aparecen determinadas informacións nos medios, Telmo Martín deberá explicalos.

    Segundo a querela, as afirmacións realizadas por Casal son manifestamente falsas e atentatorias contra a verdade, o honor e a intimidade de Telmo Martín. O demandante pide que a concelleira de urbanismo rectifique, en rolda de prensa, as acusacións vertidas. Teresa Casal afirmou que non pensa retratarse.

    Telmo Martín pide unha indemnización por inxurias e calumnias de cincuenta mil euros.

    Redacción Salnés