O Extrugasa busca recuperar o ritmo de competición

baloncesto250_031209.jpgVILAGARCÍA> O plantel do Extrugasa xa volveu ó traballo tralos días de descanso dos que desfrutou a semana pasada,. A vista téñena posta no vindeiro partido ante o Uni CajaCanarias. O sábado visitan ó segundo clasificado na xeral que aínda non perdeu na súa cancha

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_031209.flv{/flowplayer} 

Recuperar o ritmo tralo parón. Este foi o claro obxectivo de Tito Díaz durante os adestramentos destes días. Despois dunha semana de vacacións polo descanso obrigado que lles tocou pasar agora con esta liga de quince, o equipo afronta o sábado unha das visitas máis complicadas do ano. Xogan na cancha do Uni CajaCanarias, segundo na xeral, que aínda non perdeu na casa e que é un dos candidatos ó ascenso. Porá a proba por tanto a xeira de sete victorias consecutivas das vilagarciáns, que adestramento a adestramento foron a máis durante esta semana.

O que máis preocupa a Tito Díaz é a longa viaxe que terán que afrontar mañá ata Tenerife, con escala en Madrid que lles impedirá adestrar nesta xornada previa ó encontro. Con todo, e pese a que os colexiados serán canarios, Tito Díaz cree nas posibilidades de victoria do seu equipo. De novo o alto ritmo en defensa marcará a diferencia.

O partido dará comezo ás 19:00. De gañalo as vilagarciáns estarían a un paso de cumplir o seu primeiro obxectivo da temporada: rematar o 2009 entre os catro primeiros; logo por diante quedaríanlle tres partidos, dous deles sinxelos a priori ante Arxil e Carmelitas e outro máis complicado ante o Caja Rural Zamora.

Redacción Salnés