Xuventude comprométese a financiar varios proxectos dos músicos de Ribeira

    gruposribeira_100_090708.jpgRIBEIRA > O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, desprazouse ata Ribeira para manter un encontro con representantes dos grupos musicais do municipio.

    {flowplayer}barbanza/gruposribeira.flv{/flowplayer}

    Esta é a segunda vez en que o director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia mantén un encontro cos representantes dos grupos locais de Ribeira. O obxectivo, dentro do modelo participativo que propón o departamento que dirixe, é atender as principais necesidades e demandas que plantexan os grupos para a posta en marcha de proxectos conxuntos coa administración.

    Neste sentido, os membros das bandas locais expuxeron algunhas das ideas coas que traballan como a creación dun local e dotación de material, a gravación dun CD con temas das bandas locais ou a edición dunha revista.

    Compromisos

    Rubén Cela recolleu as propostas dos grupos e comprometeuse á financiación de varias delas, como a gravación dun CD cos grupos noveis, a edición dunha publicación periódica de contido musical, ou a colaboración co festival Galle-Rock.

    O director xeral explicou tamén cales son as principais liñas nas que está a traballar a Dirección Xeral de Xuventude. No marco da rede galega de locais de ensaio, ademais da creación destas instalacións, a Xunta está a traballar agora noutros aspectos relevantes como a formación, a distribución e contacto co mundo empresarial ou a promoción a través do intercambio con outros países europeos.

    Portal web

    Paralelamente, a Dirección Xeral de Xuventude vai poñer en marcha un portal web cunha ampla oferta de servizos para os grupos galegos e o departamento autonómico traballa na organización dunha nova edición do festival ‘Ensaio no Camiño’.

    Redacción Barbanza