O CEIP Castrelo: novas tecnoloxías e pracer pola lectura

    CAMBADOS> No CEIP Castrelo de Cambados, as aulas son dixitais. Tamén dase moita importancia ás actividades de fomento da lectura.

    {flowplayer}images/salnes/COLEXIO_CASTRELO.flv{/flowplayer}

    No colexio Castrelo terminouse co tradicional encerado e as tizas. A revolución tecnolóxica chegou ás aulas. As clases lévanse a cabo mediante pirrazas dixitais que permiten unha maior interacción entre os alumnos e o temario. Maiores e pequenos benefícianse desta forma de aprendizaxe. Con este novo sistema cambia a organización das clases. Grazas á conexión a Internet, pódese descargar textos e imaxes de todo o necesario para completar a explicación do profesor. Unha revolución nas aulas á que costa acostumarse.

    Pero as novas tecnoloxías non deixan de lado o pracer pola lectura. Na biblioteca do CEIP Castrelo lévanse a cabo un sinfín de actividades para que os rapaces lean. Entre elas 20 minutos diarios de lectura. A parte de ler no centro, os alumnos teñen a posibilidade de sacar os libros para levalos a casa, mediante un carnet. A biblioteca dispón de gran variedade de títulos. Outra das actividades son os contacontos. Os alumnos maiores narran ós pequenos todo tipo de historias, e incluso ó contrario.

    O exercicio físico tamén é importante no CEIP Castrelo. O colexio está inmerso no proxecto Xogade, no que participan varios centros da comarca. Durante as clases de educación física estimúlase ós alumnos para que se divirtan facendo ximnasia. Dende o colexio, ponse tódolos esforzos para fomentar o deporte fóra das aulas.

    O profesorado do CEIP Castrelo busca unha continua interacción co alumnado. Así, os mestres forman parte dos proxectos, xogos, inquedanzas e ideas dos rapaces.

    Redacción Salnés