Unha veciña de Ribadumia denuncia que dous postes siutados en metade dunha rúa de Sisán provocaron 7 accidentes

RIBADUMIA> Unha veciña de Ribadumia denuncia que dous postes situados en metade da estrada da rúa Carrasqueira xa provocaron 7 accidentes. Os dous paus da luz quedaron nesa zona despois de que as administración obrigaran a unha vivenda a recuar o seu muro. A veciña advirte que a situación é máis perigosa pola noite debido á escasa visibilidade.

Hai sete anos, a esta vivenda da Rúa Carrasqueira obrigáronlle a recuar o muro da súa vivenda. Unha obra levada a cabo que deixou dous poste da luz abandonados, agora en metade da estrada. Unha veciña da zona denuncia a perigosidade deses paus.

De feito, segundo advirte, os postes xa provocaron ata 7 accidentes, o máis importante contra este muro.

A veciña foi unha das que chocou co seu coche esquivando a outro vehículo que circulaba pola estrada. Tamén denuncia que a perigosidade é aínda maior pola noite.

A veciña non entende como non hai nin unha sinal de advertencia na zona.

Segundo explica, concello e Fenosa pásanse a pelota culpándose os uns aos outros, pero ningún fai nada.

A veciña xa interpuxo unha denuncia contra o responsable dos postes polo accidente sufrido. Tamén advirte que continuará mobilizándose ata que non retire ou movan os paus da luz da súa actual localización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí