Normalidade nas estradas pero segue bloqueada a actividade das empresas

    poligonos100_120608.jpgRIBADUMIA > No Salnés as consecuencias da folga dos transportes tamén se está a deixar notar nas empresas da comarca …

    {flowplayer}images/salnes/consecuencias_folga_poligonos.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA > No Salnés as consecuencias da folga dos transportes tamén se está a deixar notar nas empresas da comarca. Algunhas aseguran estar entre as cordas, porque ou ben non poden recibir o subministro de material, ou porque non poden distribuír as súas mercadorías. Nalgúns casos porque teñen contratados os servizos de transportistas que aínda están en folga, e noutros, pola presión dos piquetes, principalmente nas viaxes que teñen que facer fóra de Galicia.

    Nalgunhas empresas, o desabastecemento ou a imposibilidade de darlle saída á produción, fai que non descarten en ter que para a súa actividade algún día de continuar a folga. Tamén comezaron a barallar a posibilidade de adiantarlle as vacacións ós seus empregados.

    Porén noutras empresas da comarca aseguran que a situación hoxe xa comezou a normalizarse, e que xa empezaron a entrar e saír e camións das factorías, dado que as respostas dos piquetes non foron especialmente duras pola zona.

    No resto da comunidade as consecuencias da folga xa fixeron parar hoxe a actividade de importantes factorías coma a de Citroën, en Vigo, ou a de Coren, en Ourense.

    Redacción Salnés