Os traballadores da residencia Valle-Inclán responderán con denuncias a “ameazas e acosos”

    VILANOVA> Os traballadores da residencia Valle-Inclán responderán ós insultos con denuncias. Así o advertiron esta mañá. En rolda de prensa, a plantilla condenou os sucesos do pasado martes no entorno do centro, e pediu respecto para o seu traballo e para os residentes.

     

    Para os traballadores da residencia vilanovesa, os enfrontamentos do pasado martes co centenar de manifestantes que intentaron tomar o centro, foi a gota que colmou o vaso.

    Aseguran que por mor dos actos do martes, 14 dos residentes e varios empregados tiveron que ser atendidos por médicos da residencia e doutros centros sanitarios.

    Destes actos culpan directamente ó sindicato da CIG. Insisten en que entenden o dereito dos extraballadores a loitar polo seu posto, pero piden respecto para a actual plantilla.

    Os empregados defenderon a súa profesionalidade e referíronse a 200 sinaturas de apoio que familiares de residentes presentaron na Consellería. Tamén abriron a porta á dúbida sobre os motivos dos despedimentos dos seus excompañeiros.

    Por outra banda, volveron pechar filas ó redor do xerente do centro.

    Sobre as súas condicións laborais, os traballadores aseguraron que a relación coa empresa estase a desenvolver en base a un acordo que ambas partes están a cumprir.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/20/medidas_traballadoras_valle_inclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/20/medidas_traballadoras_valle_inclan.mp4{/flowplayer}