A FGCN organiza o venres 29 a súa XII Gala anual

    VILAGARCIA> A Federación Galega contra o Narcotráfico ven de presentar a súa gala anual que terá lugar a noite do venres día 29. Un evento lúdico no que se entregarán os galardóns nécora de ouro ca que se destacarán a labor feita neste último ano na loita contra o narcotráfico. Os premiados deste ano non se darán a coñecer ata o martes. A Federación Galega Contra o Narcotráfico volverá a premiar a semana que ven ós persoeiros ou entidades máis significativos na loita contra o tráfico de drogas nos últimos meses. As xa tradicionais nécoras de ouro entregaranse na gala que terá lugar o vindeiro venres día 29, a partires das 20.30 da noite no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Á gala estará presentada polo xornalista Manuel Torrente e amenizada polo Grupo Versión B, a banda liderada polo exalcalde Javier Gago que interpreta temas das décadas dos sesenta, setenta e oitenta. A entrada é de balde, previa invitación. A identidade dos galardoados desta décimo segunda edición non se darán a coñecer ata o vindeiro martes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/fgcn.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/gala_fgcn_221113.mp4{/flowplayer}