O PP acusa ao executivo boirés de ocultar a revisión do PXOM

    pprevisionpxomboiro__.jpgBOIRO> Critican que envien o documento á Xunta sen amosalo antes ós grupos da oposición e os colectivos e axentes sociais que poderían verse afectados.

    O grupo municipal do Partido Popular de Boiro vén de amosa-lo seu malestar pola decisión do executivo local de enviar o documento da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal á Xunta de Galicia sen dar información nin ós grupos da oposición nin tampouco ós colectivos e axentes sociais que poderían verse afectados. Dende as filas populares acusan ó equipo de goberno de escurantista. 

    {flowplayer}barbanza/pprevisionpxomboiro.flv{/flowplayer}

    Promesas incumpridas

     O voceiro do PP boirés, Xoán Xosé Dieste, arremeteu contra o equipo de goberno pola decisión de remitirlle á Xunta de Galicia o documento da revisión do PXOM sen anteriormente darlle información ós grupos da oposición e consellos parroquias. Segundo Dieste o goberno local volve a incumprir unha nova promesa como foi a realizada no seu día de dar participación e información a tódolos cidadáns á hora de elabora-la revisión do planeamento.

    O executivo boirés dá así un paso máis dentro de súa estratexia de ocultación que confirma a ausencia de democracia e transparencia coa finalidade de non dar participación e información en prexuízoo do consenso e en contra de todos.

    Descalabros urbanísticos

    Para Xoán Xosé Dieste é importante que todos coñezan o documento de revisión para aportar ideas e solucións e evitar que que se xenere outro descalabro urbanístico como ós que, segundo el, nos ten acostumado este goberno como é o caso dos convenios do Pazo Goiáns, a Pedreira e Espiñeira, os plans parciais de Barraña e Cabo de Cruz ou a xa criticada suspensión de licenzas.

    Por esta razón acusa ó alcalde, Xosé Deira, de abusar premeditadamente da ocultación e do escurantismo, pechando as portas ó consenso cos grupos da oposición e demais axentes sociais impedindo unha revisión transparente participada por todos e favorecendo un novo conflicto social.

    Redacción Barbanza