NOIA> O BNG de Muros-Noia chama á cidadanía a sumarse á manifestación convocada mañá a mediodía en Santiago en contra dos vertidos da mina de San Finx. En paralelo á mobilización social, os nacionalistas presentarán novas iniciativas no Parlamento á anulación da autorización do proxecto de explotación da mina.
O inicio das obras da planta de tratamento de vertidos da mina de San Finx mobilizou á sociedade noiesa e de toda a comarca para evitar que as augas contaminadas con metais pesados poidan chegar á ría.
Ademais de sumarse á mobilización convocada para este sábado a mediodía en Santiago. O BNG volverá levar ó pleno do Parlamento unha serie de iniciativas instando á Xunta a anular de xeito urxente o proxecto de explotación da mina para reinicialo seguindo os pasos preceptivos que establece a lei.
Ademais do seu debate a nivel parlamentario, dende o BNG instan ós concellos da ría a posicionarse en contra da autorización de vertidos.
Insisten os nacionalistas na necesidade de defender a mesma postura tanto nos plenos municipais como diante da Xunta de Galicia.