As obras de mellora na rúa Dereitos Humáns rondarán os cen mil euros

    BOIRO> A existencia dunha zona cavernosa fai máis complicados os traballos que poderían prolongarse uns meses. Preto dos cen mil euros deberá afrontar o concello de Boiro nos gastos de reparación da rúa Dereitos Humáns, que a pasada semana sufría unha enorme fochanca, a consecuencia das chuvias e as escorrentías de auga. A existencia dunha zona cavernosa provoca que o executivo local teña que actuar en consecuencia e intentar sanear a rúa no seu total para que non se volva a producir un incidente destas características. Ö non dispoñer de creto presupostario para afrontar este gasto provoca que o concello teña que tramitar un expediente de urxencia. As obras poderían prolongarse un ou dous meses, polo que dende o propio executivo boirnese piden desculpas polas molestias que se lle están a causar, tanto a veciños e residentes, coma os propios negocios alí existentes, que se están a ver afectados por estas obras.