A POBRA> O incremento do furtivismo levou á confraría da Pobra a adoptar medidas drásticas. Ademais do reforzo da vixilancia por parte dos mariscadores, recorrerán á vía penal en vista da ineficacia das sancións administrativas.
Se a situación da confraría da Pobra xa era moi delicada, o incremento do furtivismo durante este verán venlle dar a estocada final.ealizar os propios mariscadores, a confraría solicita a intervención da Consellería do Mar demandando maior presenza do Servizo de Gardacostas e da Policía Autonómica.
Por outra banda, o pósito xa ordenou ós seus avogados a tramitación das denuncias pola vía penal ante a falla de efecto das sancións administrativas.
Por último apelan tamén á concienciación da cidadanía e do sector da restauración apelando a non adquirir este produto extraído ilegalmente que non conta con control da trazabilidade nin garantías sanitarias.











