O executivo boirés modificará o PXOM para construir a residencia de AMICOS

    terreosresidenciaamicos_100_10122009.jpgBOIRO> O goberno local elaborará un plan especial que modifique a catalogación do PXOM dos terreos cedidos para este propósito polos comuneiros de Comoxo.

    A construción dun centro residencial é unha das principais teimas da asociación AMICOS do Barbanza. A falta de terreos no concello de Ribeira, onde se ubica a sede da entidade, a directiva decidiu trasladar a súa proposta ó concello de Boiro. Alí contan cun terreo cedido pola comunidade de montes de Comoxo.

    {flowplayer}barbanza/terreosresidenciaamicos.flv{/flowplayer}

    O único problema que se presenta agora é que a parcela ten a calificación de chan rústico de protección forestal polo que non se pode edificar nela. Por elo, o executivo xa está a traballar na elaboración dun plan especial que modifique a catalogación deste terreo no PXOM.

    Urxente necesidade

    Dada a urxente necesidade de contar cunha residencia de atención a persoas con discapacidade na comarca, o concello optou por realizar unha modificación puntual do plan, en lugar de agardar a incluir os cambios na revisión do PXOM, proceso que se prolongaría moito máis.

    Unha vez conseguidos os terreos que cabe lembrar foron cedidos desinteresadamente polos veciños de Comoxo, dende AMICOS non se cansarán de chamar ás portas das distintas administracións para conseguir a axuda necesaria para levantar este centro. Nunha recente visita dos deputados provinciais, Rosana Pérez e Xosé Manuel Sande, a presidenta do colectivo, Esther Vidal, xa lles trasladou a proposta que dende a Deputación comprometéronse a estudar.

    Redacción Barbanza