Cambados adecentará a tumba de Cabanillas en Bonaval

cabanillas_copia100.jpgCAMBADOS> O Arcebispado de Santiago aceptou a solicitude do Concello cambadés para a mellora do sartego de Cabanillas.

{flowplayer}images/salnes/TUMBA_CABANILLAS.flv{/flowplayer} 

A este respecto o Concello de Cambados acordou encargar un proxecto integral de dignificación que afecta ó sartego do poeta cambadés e dos outros galegos ilustres soterrados a carón del, entre eles, o escultor Francisco Asorey, tamén de Cambados. Este documento será remitido ás autoridades de Patrimonio da Xunta de Galicia e ó propio Arcebispado compostelán para que o estuden, o supervise e decidan sobre el.

A iniciativa considera de máximo interese, esculpir o epitafio que fixo seu o poeta e que remataba o poema Sono Dourado: Quero na lousa que me de sosego esta palabra que ten as: poeta, e esta palabra que ten luz: gallego”.

 A Xunta de Goberno Local, adoptou un acordo, a principios de novembro pasado, para dirixirse ó conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, solicitándolle que dispoña o necesario para dotar o sartego de don Ramón Cabanillas das melloras necesarias e acordes con dignidade do defunto, soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

O alcalde, Luis Aragunde, presidiu o 9 de novembro unha ofrenda floral, na igrexa de San Domingos de Bonaval, con motivo do Ano Cabanillas. Alí puido comprobar que o espazo onde repousan os restos do ilustre poeta presenta notorias deficiencias.

Redacción Salnés