Presentada a dezanove edición da Regata Frinsa

RIBEIRA> A proba, organizada polo Club Náutico Deportivo de Ribeira, terá lugar este próximo sábado en augas da Ría de Arousa.

Este próximo sábado disputarase na Ría de Arousa, baixo a organización do Club Náutico e Deportivo de Ribeira a dezanove edición da Regata Frinsa. A proba é posible grazas ó patrocinio do empresario Ramiro Carregal, que presidiu tamén o acto de presentación da regata e explicou cal foi a súa orixe.

Na regata para as clases, cruceiro, cruceiro-regata e regata, prevese unha participación dunhas cincuenta embarcacións de clubs de toda a zona. Haberá tres percorridos costeiros alternativos, dos que se elixirá finalmente un, en función das condicións metereolóxicas e da mar ese día.

O Club Náutico Deportivo de Ribeira aproveitará a celebración desta regata para proceder tamén á inauguración oficial do seu cuarto pantalán, ó que lle darán precisamente o nome de Ramiro Carregal Rey.