RIBEIRA> A corporación municipal aprobaba onte pola noite por unanimidade unha iniciativa presentada polo BNG referida a este asunto. Construirase nun inmoble situado no número 43 da céntrica rúa de Galicia que vén de ser adquirido polo Concello.
Respaldo unánime de tódolos grupos presentes na corporación á proposta presentada polo BNG referida á construción dunha nova biblioteca en Ribeira. Para os nacionalistas tratábase dunha eiva importante, xa que as actuais instalacións presentaban importantes carencias. Unha opinión esta tamén compartida polos demais grupos…
Na sesión tamén se abordou o problema da veciñanza de Castiñeiras a raíz da construción dunha depuradora no porto da localidade. Foi a través dunha moción presentada por Suma Ribeira na que reclamaba entre outros acordos, a paralización definitiva das obras, e a busca doutro emprazamento para estas instalacións.
O PP intentou sen éxito introducir unha emenda a este punto…Finalmente a proposta de Suma Ribeira saiu adiante cos votos a favor de BNG, Partido Socialista e PBBI, e coa abstención do Partido Popular.