Estampa de Nadal con Xiabre cuberto de neve

    nieve_copia100.jpgSALNÉS> Foron moitos os que non dubidaron en desprazarse ó monte equipados con trineos e cámaras fotográficas.

    {flowplayer}images/salnes/NEVE_XIABRE.flv{/flowplayer} 

    Os que o venres e o sábado non puideron desfrutar da neve ou os que non se creron que lugares tan pretos puideran cubrirse con ese manto branco, tiveron onte a mellor oportunidade para saír de dúbidas. Familias enteiras acudiron a Xiabre equipados con roupa de inverno, trineos e cámaras fotográficas, para inmortalizar unha estampa que fai anos que non se repite.

    O afán dea cercarse ó máximo á neve provocou importantes atascos no acceso a Xiabre. Ó fío das seis da tarde, cando boa parte da comarca estaba de novo baixo cero, subir ou baixar deste monte, se convertera xa nun deporte de risco, pois a circulación era un caos.

    Os que lograron subir ós máis de 600 metros, disfrutaron do momento tratando de resistir un intenso frío, en ocasións insoportable. Algúns estrearon os seus trineos, outros, daba igual a idade, se tiraban sobre a neve como se non houbese frío, e os máis lanzábanse bolas de neve. Varios viais transformáronse en improvisadas pistas para a práctica de esquí ou deportes similares. Xiabre converteuse no escenario dunha festa que continuaba, incluso, cando xa caera a noite.

    Tamén nevou en algúns puntos de Meis, Ribadumia e Valga. Por varios momentos, o fixo a nivel do mar, sen que chegara a callar. Ó longo do día volveron a producirse accidentes de circulación, sobre todo saídas de vía, como consecuencia do xeo.

    Redacción Salnés