O Viajes Interrías recibe un severo correctivo en Narón

futbolsala250_120110.jpgSALNÉS> Na 1ª Nacional A o Viajes Interrías non puido facer nada ante o Narón co que caeu goleado. Mentres o Grupo Junquera quedouse sen xogar debido ó temporal de neve que sacudíu Galicia e que impedíu que o Viveiro puidera trasladarse o sábado ata Vilagarcía.

Severo correctivo o que recibíu o Viajes Interrías no seu desprazamento a Narón esta pasada fin de semana. Os portonoveses comezaron ben o encontro adiantándose no primeiro minuto de xogo cun gol de Alan pero sería simplemente un espellismo, xa que a partir dese momento os locais entonáronse e pasaron por enriba do seu rival. Ós 13 minutos xa mandaban por 5-1 e pese ós intentos do Interrías por remontar os goles foron caendo ata redondear o 13-3 final. Manolete e Iago asinarían os outros dous tantos dos portonoveses.

Salgueiro ten un duro traballo por diante este semana de recuperación anímica cos seus xogadores, sobre todo tendo en conta que a vindeira xornada visitan ó líder Parrulo. Na xeral o Viajes Interías continúa en metade de táboa, fóra dos postos de descenso pero moi preto deles, a tan só tres puntos. Hai ata sete equipos metidos nesa marxe.

Unha vez pasado o Parrulo tocaralles enfrontarse a rivais directos pola permanencia como Leis, Torre de los Reyes, Coruxo ou Cistierna, partidos que dirán moito sobre as posibilidades de salvación do Interrías.

Mentres Fontecarmoa quedouse sen partido. O Grupo Junquera víu como o seu encontro era suspendido pola imposibilidade do Viveiro de trasladarse ata Vilagarcía, debido ó temporal de neve que sacudíu Galicia durante a pasada fin de semana. O resto de partidos na 1ª B sí que foron disputados.

A directiva do conxunto vilagarcián negocia agora coa federación e co Viveiro a nova data para o encontro. Queren que se xogue antes do remate deste mes; federación e Viveiro queren colocalo para o sábado 30 mentres que Junquera prefire que se dispute un día entre semana.

Con todo, tendo un partido menos continúan terceiros, pero coa boa nova de saber que tanto O Esteo como Pinturas Brulak, que o preceden na táboa, picaron esta semana e cederon sendos empates.

Redacción Salnés