O ascenso do Rasoeiro un pouquiño máis lonxe trala derrota do sábado

rasoeiro250vid_150108_001.jpgO GROVE > Non puido ser aínda que se traballou moi duro para conseguilo. A derrota por 26-30 ante o Magope Seis do Nadal ponlle moi complicado o ascenso ó Rasoeiro, que agora quédase a catro puntos do segundo clasificado.

Foi un partido moi duro dende os primeiros compases. Na primeira metade ambos equipos traballaron forte para tentar abrir brecha no marcador pero os ataques non estiveron inspirados, unhas veces polas pérdidas de balón e outras polas boas defensas. Con moita igualdade chegouse ó descanso. 13-13.

Trala reanudación os vigueses comezaron a toma-la iniciativa no electrónico sobre todo despois de que o Rasoeiro non fose quen de aproveitar unha dobre superioridade numérica. Os grovenses actuaron mermados polas baixas dos centrais Jaime, lesionado no quencemento, e Martín.

Iso notouse na segunda metade, cando quedou patente o potencial do Magope, en especial a súa profundidade de banquiño, que lle fixo afronta-los derradeiros minutos de partido con maior frescura.

Tras esta derrota, o Rasoeiro continúa terceiro na xeral e complícase ese soñado ascenso. Pese a todo, chapeau para os de Lao Santos.

{flowplayer}images/salnes/rasoeiro_150108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés