Ana Peleteiro será imaxe da nova campaña da Xunta contra a violencia de xénero

BARBANZA> A ribeirense, xunto ó atleta tamén galego,Adrián Ben, lucirán o ‘non’ á violencia de xénero nas súas camisetas.

Ana Peleteiro e Adrián Ben, dous dos mellores atletas españois nos pasados Campionatos do Mundo de Atletismo de Doha, en Catar, serán a imaxe da nova campaña da Xunta a favor da igualdade e contra a violencia machista. Os dous atletas asinaron un contrato de patrocinio coa Administración Autonómica por un importe duns 5.000 euros, polo que mostrarán nas redes sociais o seu apoio a esta campaña, e exhibirán o logo da mesma nas súas prendas deportivas de adestramento e competición, sempre que sexa compatible cos seus patrocinadores principais.

O presidente da Xunta agradeceu ós dous deportistas a súa participación nesta campaña, que segundo el servirá para tratar de erradicar a violencia machista.