Porto do Son acollerá o domingo 21 de novembro o encontro comarcal do ‘Nada e Corre’

PORTO DO SON> A actividade organizada polo Concello, en colaboración co Club Artogral e a Federación Galega de Triatlón, reunirá ese día a un total de 200 rapaces pertencentes ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadetes.

Esta mañá presentábase en porto do Son o encontro comarcal do ‘Nada e Corre’. A proba organizada polo Concello, en colaboración co Club Artrogal e a Federación Galega de Triatlón, desenvolverase o domingo 21 de novembro.

Nela contarase coa participación duns 200 rapaces, pertencentes na súa maioría a clubs da comarca. A competición arrancará ás dez e media da mañá e abranguerá ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadetes.

As inscrición poderán realizarse ata o vindeiro martes 16 de novembro, a través da propia páxina web da Federación Galega de Triatlón: fegatri.org.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí