Boiro dinamiza o casco urbano cunha zona deportiva e de lecer

    proxectosfondoestatalboiro_100_25012009.jpgBOIRO> O concello de Boiro presentou os proxectos do Fondo Estatal para o Emprego, para os que lle foron asignados un total de dous millóns de euros.

    O primeiro Fondo Estatal de Investimento Local empregouse en Boiro na posta en marcha de varios proxectos prioritarios como a construcción dunha nave destinada ás brigadas municipais e o viveiro de empresas no polígono industrial de Espiñeira, a remodelación do Camiño Real e a edificación dun aparcadoiro soterrado no casco urbano.

    {flowplayer}barbanza/proxectosfondoestatalboiro.flv{/flowplayer}

    A segunda fase do Plan Anticrise dará continuidade a estas actuacións. Os dous millóns que lle corresponderon a Boiro permitirán rematar os proxectos como a construción do viveiro de empresas e das naves para os servizos municipais, as que destinarán douscentos mil euros para dotar o inmoble de vestiarios e dun espazo para protección civil.

    Oito mil metros cadrados

    O novo Fondo Estatal permitirá, asemade, rematar o aparcadoiro soterrado de Barraña, dotado con cen prazas de estacionamento. Na superficie, o executivo local, ten pensado construir un espazo de ocio e esparexemento de máis de oito mil metros cadrados. No lugar se habilitará unha praza pública, unha zona para a práctica do skate e tres pistas polideportivas descubertas con alumeado para a realización de actividades nocturnas. Tamén esta prevista a construción dunha bancada para que neste espazo multiusos se poidan desenvolver iniciativas culturais e de lecer.

    O executivo local boirés convocou o vindeiro xoves un pleno extraordinario para dar luz verde ós proxectos.

    Redacción Barbanza