Os danos do incendio no IES Coroso ascenden a corenta mil euros

    incendioinstitutocoroso.jpgRIBEIRA> Non é a primeira vez que un acto vandálico no instituto coincide co guateque das festas da Dorna que se celebra a escasos metros de onde se empraza o centro.

    A alarma saltaba ó redor das dúas e media da madrugada do sábado cando desconocidos, que aínda non foron identificados provocaron un incendio no patio interior do IES Coroso de Ribeira.

    Malia que o incendio quedou sofocado rapidamente, foron importantes os danos materiais tanto no interior con no exterior do edificio. Segundo as primeiras estimacións realizadas pola dirección do centro pódense elevar ata os corenta mil euros.

    {flowplayer}barbanza/incendioinstitutocoroso.flv{/flowplayer}

    O lume calcinou por completo unha fotocopiadora valorada en doce mil euros, tres ordenadores, dúas alarmas e catro cañóns empregados nas proxecións audiovisuais. Ademáis será preciso reinstalar o sistema eléctrico da oficina e arranxar os graves desperfectos da fachada.

    Vandalismo reiterado

    Para o director do centro educativo ribeirés non se trata dun incidente aislado, xa que non é a primeira vez que durante os festexos da Dorna o instituto é escenario de actos vandálicos. Por tal motivo tentarán buscar unha solución de acordo coas autoridades locais para que o vindeiro ano se repita situacións semellantes.

    A dirección do centro xa presentou a correspondente denuncia na comisaría de Policia Nacional de Ribeira. Agora están a espera de que a investigación policial aclare quenes foron os autores do incendio.

    Redacción Barbanza