O Grupo de Acción Costeira organiza unhas xornadas divulgativas

    confraria_portonovo_100_250110_copia2.jpgPORTONOVO> Nas charlas informarán tamén sobre o tipo de proxectos susceptibles de ser promovidos por esta entidade.

    {flowplayer}images/salnes/260110_confraria_portonovo.flv{/flowplayer}

    O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra naceu no ano 2008 coa fin de impulsar iniciativas empresariais que reactiven o sector pesqueiro. Agrupa a colectivos tanto públicos como privados e o seu radio de acción abrangue os concellos de Sanxenxo, Poio, Marín e Bueu. O seu sistema de actuación é semellante ó dos Grupos Leader de desenvolvemento Rural. Constituíuse para poder optar ás axudas outorgadas polo Fondo Europeo de Pesca, unhas subvencións coas que intentarán potenciar aqueles proxectos innovadores que teñan como fin a promoción económica e laboral do sector pesqueiro.

    Para informar sobre a súa filosofía e obxectivos, a asociación organizou unhas xornadas de difusión abertas a todo tipo de público. Nelas tratarán de achegar tamén á sociedade o tipo de proxectos que poderían subvencionar. Para iso convidaron a expertos e entidades doutros puntos de España que xa puxeron en marcha iniciativas novidosas de promoción do sector pesqueiro. Aínda que desde o Grupo de Pontevedra asegura que xa contan con varias propostas atractivas. Entre elas, por exemplo, a que están a deseñar desde a Confraría de Portonovo.

    As xornadas arrincan este xoves en Sanxenxo. Ás sete e media da tarde no Auditorio terá lugar unha xuntanza sobre como crear un produto turístico vinculado ó sector pesqueiro. Asistirán como convidados técnicos de Pescanatur e Vilas Mariñeiras.

    Redacción Salnés