Portos inviste 12 mil euros na reparación da cuberta da nave das redeiras

    PORTODOSON> O presidente do ente autonómico, José Juan Durán, comprobou esta mañá o resultado das obras. Acompañado do alcalde da localidade, Luís Oujo, e membros da confraría de pescadores de Portosín, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, quixo coñecer de primeira man o resultado das obras de reparación levadas a cabo na nave das redeiras. A instalación resultou danada polos temporais do pasado inverno polo que foi necesario acometer unha actuación con urxencia que supuxo un investimento do ente autonómico duns 12 mil euros. O presidente de Portos de Galicia aproveitou a visita para anunciar tamén que nas próximas semanas haberá unha proposta de adxudicación para o proxecto de remodelación do abrigo da dársena do peirao de Porto do Son. Unha actuación importante, segundo o alcalde, Luís Oujo, que permitiría gañar ó redor duns cincuenta novos amarres. O proxecto de remodelación da fachada marítima de Porto do Son, é unha actuación actualmente paralizada, na que estaba previsto investir uns catro millóns de euros.