O PP de Boiro advirte dun novo ‘catastrazo’

BOIRO> O voceiro popular, Fernando García Diéguez, denunciaba esta mañá a intención do equipo de goberno de subir o Imposto de Bens Inmobles nun 25%, o que suporá un aumento significativo da carga fiscal para os veciños.

Faino ademais, segundo el, con enganos, despois de anunciar durante a pasada campaña electoral que non ía a subir os impostos.

Pero a suba non afectará unicamente ó IBI, tamén o fará a ordenanza por inmobilización e retirada de depósito de vehículos.

A medida que pretende tomar o goberno municipal é, para os populares, un auténtico abuso, co que pretende agochar a situación crítica que padecen as arcas municipais debido á súa incapacidade e malgasto desmesurado.