O concello retirará o poste eléctrico da rúa San Andrés de Portosín

retiradaposteportosin_100_270110.jpgPORTO DO SON> A tenente de alcalde, Ánxela Franco, anunciou a retirada do poste unha vez rematen as obras que se realizan nesta rúa.

{flowplayer}barbanza/retiradaposteportosin.flv{/flowplayer}

Dende hai tempo veciños e grupos da oposición viñan demandando a retirada deste poste do tendido eléctrico existente no medio da rúa San Andrés en Portosín, ó constituir un serio perigo para calquer persoa que transitase pola zona.

O derrube do poste será posible unha vez rematadas as obras que se están a realizar na zona que posibilitarán a canalización do actual cableado aéreo de xeito soterrado.

Transformador

A tenente de alcalde sonense informou tamén de que os veciños de San Pedro de Muro poderán beneficiarse en breve da posta en fucionamento do novo transformador que permitirá mellora-lo subministro eléctrico nesa zona.

Redacción Barbanza