Denuncian o abandono das praias de bandeira azul

psoe_porto_do_son.jpgPORTO DO SON> O grupo municipal socialista teme a posible retirada dalgún destes distintivos.

{flowplayer}barbanza/deficienciaspraiasson.flv{/flowplayer}

Un número reducido de socorristas, inferior ó que deberían ter, ausencia de boias de sinalización da zona de baño, sen paneis informativos de sinalización ou baños insuficientes, estas son algunhas das principais deficiencias que presentan as catro praias nos que luce a bandeira azul neste municipio e sobre as que o grupo socialista da localidade denunciaba esta mañá. Segundo eles trátase de aspectos graves que mesmo poderían levar á retirada deste distintivo que tanto traballo levou conseguir.

Ataques ó executivo

O voceiro socialista esíxelle ó goberno municipal que subsane todas estas deficiencias, ó tempo que arremeteu contra o edil de Turismo, Xosé Manuel Deán, e por extensión contra o alcalde, ós que culpabilizou de estar permitindo esta situación.

Plenos polas mañáns 

Xoán Pastor Rodríguez aproveitou tamén a comparecencia ante os medios para denunciar novamente a celebración dos plenos en horario de mañá, unha mostra máis, segundo el, da política de atrancos que está a poñer o actual executivo local.

Redacción Barbanza