O BNG reclama a construción dun centro de día na Pobra

    centrodiapobra_100_270110.jpgPOBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha moción instando a que se retome o proxecto de construción dun centro de día na localidade.

    {flowplayer}barbanza/bngpobracentrodia.flv{/flowplayer}

    En maio de 2008 a corporación municipal da Pobra aprobou por unanimidade a cesión dunha parcela ó Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para a construción dun centro de día para a terceira idade. Daquela a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar comprometerase a inciar os trámites de forma inmediata para poder realizar as obras durante o 2009.

    Sen embargo, co cambio do goberno autonómico o proxecto quedou paralizado posto que os orzamentos da Xunta non contemplan partida algunha para esta actuación.

    Na moción que se debaterá no pleno do xoves a iniciativa dos nacionalistas, instarase á Xunta a retomar o proxecto á maior brevidade posible posto que se trata dun servizo moi necesario para o municipio.

    Redacción Barbanza