![]()
TAMBRE> As falecidas, unha nai e a súa filla, chocaron co seu vehículo frontalmente con outro turismo, para caer por un barranco.
{flowplayer}barbanza/accidente_outes.flv{/flowplayer}
Eran nai e filla, residentes en Lanzarote, que aproveitando a época estival pasaban uns días na comarca. Onte as dúas mulleres, de 70 e 40 anos respectivamente, perderon a vida logo de que o seu vehículo chocara frontalmente con outro turismo que circulaba en dirección contraria pola estrada que une Muros e Outes, concretamente no lugar de O Freixo.
Excarceración
O impacto atrapou ás dúas ocupantes entre os restos do automóbil, polo que tiveron que ser excarceadas polos efectivos do Grumir de Noia e dos Bombeiros de Boiro. Ademais ante a gravidade do accidente solicitouse os servizos dun helicóptero que finalmente non chegou a prestar a axuda requerida porque as vítimas xa faleceran.
Amplo dispositivo
Ademais ao lugar do suceso trasladáronse un médico e persoal sanitario do centro de saúde de Outes, que soamente puideron certificar a morte das falecidas. Un amplo dispositivo de seguridade despregado que contou, doutra banda, coa presenza da policía local de Outes e de efectivos da Garda Civil.
Redacción Barbanza








