Unha vaga de atracos atemoriza de novo ós comerciantes de Vilagarcía

    roubos_vilagarcia_100_270110_copia.jpgVILAGARCÍA> A plena luz do día, unha parella de asaltantes entraron en cinco locais baleirando as caixas rexistradoras.

    {flowplayer}images/salnes/270110_roubos_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    Foi visto e non visto. En pouco máis dunha hora, mentres os comercios pechaban á hora de xantar, os ladróns entraron en cinco establecementos do centro de Vilagarcía: a librería Limiar e a boutique Bambú, na rúa Cervantes, e a perfumería Ives Rocher, a tenda de complementos Me Two e o establecemento textil Melinda Acosta, todas elas en Rei Daviña. Accederon ós locais empregando o método bombín, é dicir forzando as pechaduras das portas e levantando enreixados. Unha vez no interior baleiraron o contido das caixas rexistradoras sen facer ningunha outra desfeita nin roubar mercadoría, agás en Melinda Acosta.

    Segundo estimacións dos comerciantes, os asaltantes poderían terse feito cun botín de entre dous mil e tres mil euros. A pesar de que as tendas están situadas en pleno casco urbano, apenas hai testemuñas, pero a Policía Nacional está a centrar as súas pescudas nunha parella, un home e unha muller que poderían ter fuxido en tren.

    Axentes da Policía Nacional visitaron xa os establecementos para interrogar ós comerciantes e seguir recadando probas para a investigación. Pouco a pouco o temor e a sensación de inseguridade vaise apoderando do sector tanto na cidade como na comarca. Sen ir máis lonxe a semana pasada outro establecemento da rúa Cervantes era vítima dun roubo similar, e nos últimos meses repetíronse estes sucesos nunha xoiería de Vilagarcía e atracos en sucursais bancarias de Vilanova ou Pontecesures.

    Redacción Salnés