A arte e a natureza únense no proxecto “Camiño A Dentro”

PONTEVEDRA> Dun proxecto que comezará nos vindeiros meses pasamos a outro que foi clausurado esta mesma mañá. A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia fixeron hoxe un balance da iniciativa “Camiño A Dentro”. Un programa que naceu para poñer en valor o Camiño Portugués e que conta xa cun catálogo e cun audiovisual.

“Camiño A Dentro” foi unha iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia e enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo”. O obxectivo era poñer en valor o Camiño Portugués ao mesmo tempo que se facía un recoñecemento ás mulleres artistas da provincia. O proxecto desenvolveuse do 3 ao 25 de outubro e implicáronse 10 Concellos.

Cos 10 proxectos seleccionados púxose en valor a natureza e riqueza da nosa provincia a través de pezas de música, danza, poesía, fotografía e vídeo ou mesmo microteatro.

O proxecto “Camiño A Dentro” foi clausurado esta mesma mañá coa presentación dun catálogo e dun vídeo-resumo.

O catálogo de “Camiño A Dentro” distribuirase nos concellos participatnes, nas oficinas de turismo e entre os colectivos relacionados coas rutas xacobeas. En canto ao vídeo, este está xa dispoñible na web de Turismo Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí