O campo de Lampáns e a mellora de espazos públicos centran o Plan E

    plan_e_grove_copia.jpgO GROVE> Tamén se investirá no acondicionamento de centros escolares, no saneamento da avenida de Portugal ou o alumeado da rúa Castelao.

    {flowplayer}images/salnes/010210_plan_e_grove{flowplayer}

    Xa queda menos para que os usuarios do campo de fútbol de Lampáns, en San Vicente, deixen de xogar sobre terra. O goberno meco decidiu investir unha parte dos fondos do segundo Plan E, case douscentos mil euros, en dotar de céspede artificial estas instalacións.

    Aínda que esta partida económica non será suficiente para executar toda a reforma no campo. O executivo local engadirá a esta partida os 95 mil euros que o anterior goberno do PP xa prevera destinar a este fin, e deixará sen rematar o pavillón das Bizocas para desviar os 116.000 euros que se ían investir nel ó campo de Lampáns. Pero o millón douscentos mil euros cos que conta o Plan Anticrise do Grove darán para máis. O goberno meco quere que os nenos do Grove conten con máis espazos de xogo ó aire libre, por iso se mellorará a zona de recreo de Terra de Porto.

    O equipo de goberno pretende impulsar sobre todo o acondicionamento de espazos públicos, como é o caso do Monte Central. 117.000 euros irán para completar o Centro de Interpretación da Pesca e da Salga de Punta Moreiras, e uns cen mil para adaptar os medios informáticos do concello de cara á implantación da futura administración dixital. Tamén se investirá no acondicionamento de centros escolares, completarase a humanización do barrio da Virxe das Mareas, acondicionarase a rede de saneamento da avenida de Portugal e renovarase o alumeado da rúa Castelao.

    Redacción Salnés