68 comerciantes comezan cos preparativos para Expoferta

    expoferta copia100.jpgVILAGARCÍA> Esta edición ven marcada pola nova Lei de Comercio, que esixe que a metade dos comercios sexan da comarca.

    {flowplayer}images/salnes/PREPARATIVOS_EXPOFERTA.flv{/flowplayer}

    Expoferta está a piques de comezar a súa sexta edición, marcada este ano pola entrada en vigor da nova Lei de Comercio. A norma establece que a metade dos comercios que acoden a estes eventos han ser da comarca, un requisito que precisou dun traballo adicional por parte da organización.

    Entre estas medidas, se incluíu unha redución dun 12% os prezos xerais polos stands. Unha baixada que para os membros de Zona Aberta se uniu a unha subvención do 30% do stand básico. Así, Expoferta contará con 68 tendas de diferentes sectores do comercio, dos que o 50% son da capital arousá. O dobre que noutras edicións.

    Polo de momento son poucos os comerciantes que comezaron a ocupar os seus stands en Fexdega. Unha tranquilidade que agardan que mude durante esta fin de semana e que a nave se encha de compradores atraídos polas ofertas.

    Expoferta comezará a partires deste venres. A feira permanecerá aberta entre as 12 da mañá e as 10 da noite, cun custo de entrada dun euro.

    Redacción Salnés