Cambados formaliza a súa candidatura a Cidade do Viño 2017

    CAMBADOS> A candidatura cambadesa a Cidade do Viño 2017 reúne máis de 200 cartas de apoio, no día en que dende o concello remitirán toda a memoria da súa candidatura, que recolle unhas 80 actividades que a vila organizaría si a súa candidatura consegue facerse co recoñecemento. 

     

    Haro, Aranda del Duero, Palma del Condado ou Vilafranca do Penedés disputarán xunto con Cambados, ser a Cidade do Viño 2017. Un recoñecemento para o que a vila cambadesa conta xa con máis de 200 apoios. 

    A presentación da candidatura formal terá lugar nun acto que se celebrará en Lisboa en novembro. O concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, mostrase bastante optimista coa candidatura da vila, e anuncia a proxección de material audiovisual para a presentación na cidade portuguesa. 

    José Ramón Abal sinala que nesta ocasión a candidatura contará con máis actividades O concello de Cambados forma parte da directiva de Recevín, da que Abal é o secretario xeral do consello de administración.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/30/peza_cidade_vinho_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/30/peza_cidade_vinho.mp4{/flowplayer}