O GROVE> Atunlo estrea na súa fábrica do Grove unha planta para a produción de aceite de atún neutralizado. A factoría utilizará os restos do atún para crear un líquido que será empregado como complemento nutricional para a leite e os potiños de bebés. A empresa aproveitará así todo o pescado favorecendo a economía circular.
A empresa Atunlo do Grove dá un paso máis na súa produción de alimentos e estrea unha planta para a creación de aceite de atún neutralizado. Un produto que obterá a base de triturar e secar os restos do atún converténdoo non complemento nutricional para bebés.
Atunlo producirá este novo aceite grazas á colaboración coa empresa xaponesa Nissui. Para iso foi necesario un investimento de 4 millóns de euros. Dende a empresa poñen en valor a importancia de realizar un investimento deste calibre na factoría do Grove.
Ao aproveitar todas as partes do atún, a empresa tamén favorecerá a economía circular. Dende a Xunta ven en Atuntlo a unha compañía pioneira que consegue crear empregos e produtos de calidade.
Dende o Grove destacaron a importancia para a vila de empresas como Atunlo. Compañías dedicadas ao sector do mar que supoñen un 40% da economía local.
A planta está comezando a súa actividade e calcúlase que pode producir unhas 31 toneladas ao mes.