O prezo da gasolina cae ó seu mínimo anual

    VILAGARCIA> A gasolina acadou esta semana o seu prezo mínimo do ano. Unha baixada agradecida polos consumidores que porén non agardan que dure moito. O gasoil tamén descendeu o seu prezo aínda que en menor medida. A gasolina leva oito semanas baixando ata os 1.383 euros por litro de media ós que se cotiza esta semana; o que supón un 1.2 % menos que en xaneiro e un 6.3 % menos que o máximo anual ó que se chegou en setembro. Con todo é un 1.4 % máis caro que esta mesma semana no ano pasado. Este descenso no seu prezo de venda sen dúbida é agradecido polos consumidores e tamén polos empresarios das estacións de servicio. Con todo, esta baixada non vai a facer que a xente se anime a encher máis o depósito. Os hábitos de consumo mudaron de tal xeito que raro é o que pide aquela frase xa histórica de “cheo, por favor”. Os empresarios das gasolineiras tamén se queixan dos prezos. Aseguran que eles tamén son víctimas das especulacións do mercado e dos grandes grupos petrolíferos: denuncian que tampouco eles teñen moita marxe de manobra para controlar os prezos de venda e que as veces ganan máis cos productos complementarios das gasolineiras que co propio combustible. Así e todo a ledicia vainos a durar pouco posto que en xaneiro entra en vigor na nosa comunidade un novo incremento do tramo dos impostos autonómicos nos carburantes, o coñecido como céntimo sanitario, co que volverá a subir o combustible e notarase e moito no peto. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/gasolina.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/prezos_gasolina_081113.mp4{/flowplayer}