![]()
VILAGARCÍA> O sindicato organiza para o Día Internacional da Muller Traballadora un coloquio e un concurso de fotografía.
{flowplayer}images/salnes/100210_uxt_muller.flv{/flowplayer}
UXT Arousa quere dedicar este ano o día Internacional da Muller Traballadora ás empregadas do sector conserveiro. Por iso, o vindeiro 8 de marzo, van celebrar unha conferencia na que unha representante deste colectivo explicará a situación do sector desde o punto de vista laboral e a súa experiencia persoal. Pero para intentar reflectir unha ollada máis ampla do día a día das mulleres traballadoras, a organización sindical decidiu repetir experiencia e organizar por segundo ano consecutivo un concurso de fotografía sobre o mundo laboral feminino.
O concurso está aberto ó público en xeral, o único requisito é ser maior de 16 anos. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías que non foran xa premiadas noutros eventos. O formato será como mínimo de 20 por 30 centímetros, e deberán ir montadas sobre cartón pluma. O prazo para presentar os traballos está xa aberto ata o primeiro de marzo. A idea é que a sociedade aprenda a valorar non só o traballo das mulleres asalariadas, senón tamén daquelas dedicadas ó coidado do fogar, un ámbito laboral aínda pouco recoñecido.
As instantáneas deberán entregarse no local de UXT en Vilagarcía, situado na rúa Castela número 22. Coas fotografías recibidas organizarase unha exposición no Auditorio da cidade desde o un ó oito de marzo. Este último día o xurado dará a coñecer os dous premiados, que recibirán cada un un diploma acreditativo e unha figura de cerámica de artesanía galega.
Redacción Salnés








