Os comerciantes de Zona Monumental de Pontevedra recibiron a visita da delegada provincial de Innovación e Industria, Montse Prado. A xuntanza serviu de presentación e para que a delegada lles explicase as liñas de actuación do novo goberno galego.
Nun ambiente moi cordial se celebrou onte na sede da Asociación de Comerciantes de Pontevedra, Zona Monumental, a xuntanza entre representantes do colectivo e a delegada provincial de Innovación e Industria. Entroutros asuntos falouse sobre a problemática das grandes superficies e dos horarios comerciais,en especial, a apertura en domingo.
Tamén se expuxeron as principais necesidades do sector e a delegada explicou a política que seguirá a consellería e as axudas previstas para que os establecementos comerciais poidan continua-la súa liña de modernización e desenvolvemento. Precisamente onte tamén se levou a cabo unha xornada informativa sobre a nova norma de calidade aplicada ó comercio, que foi apoiada pola consellería.
E ata o venres, a casa da luz de Pontevedra acollerá uns obradoiros para nenos sobre transformación de productos ecolóxicos dirixidos ós nenos dos colexios Álvarez Limeses, Campolongo e Salvador Moreno.
Redacción Salnés